Domingo 24 de julio 2011

Axenda

Festas do Apóstolo

Santiago acolle unha nova edición das Festas do Apóstolo. Consulta aquí o programa.

Do 21 ao 31 de xullo, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música leva os seus acordes un domingo máis á rúa, baixo a dirección de Xosé Carlos Seráns.

O domingo 24 de xullo, ás 12:00 horas, na rúa do Vilar.

Compartir: