Sábado 18 de junio 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

"A Venezuela descoñecida" na Casa das Asociacións

No marco das Xornadas Interculturais A Venezuela descoñecida, continúa a exposición de artesanía típica. Ademais, converencia de Chela Palacios sobre A muller venezolana na novela de Rómulo Gallegos "Dona Bárbara". Organiza a Concellería de Participación Cidadá en colaboración coa Asociación de Venezolanos de Santiago.

O sábado 18 de xuño, ás 10:00 horas, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

III Encontro de Xadrez Intercentros

Celébrase en Vite o III Encontro de Xadrez Intercentros

O sábdo 18 de xuño, ás 10:30 horas, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.

Axenda

Xornadas "A beleza está na rúa" na Praza Roxa

No marco de Que ves cando me ves?, Xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural gaelga actual e a reflexión crítica da cidadanía, celébranse as xornadas recreativas A beleza está na rúa. Haberá estampacións en directo, instalacións, sesións de contos, micrófono aberto e un espectáculo literario.

O sábado 18 de xuño, a partir das 11:00 horas, nunha carpa na Praza Roxa.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: