Sábado 12 de febrero 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiago de Compostela na Fundación Granell

A Fundación Granell presenta a exposición Santiago de Compostela na Fundación Granell, dedicada á cidade na que viviu a súa infancia e adolescencia Eugenio Granell e a que acolle a súa Fundación.

A mostra está conformada na súa maioría por novos fondos da Fundación Granell, uns pertencentes ao legado de Amparo Segarra, dona de Eugenio Granell, e outros recentes doazóns de artistas surrealistas á institución.

A exposición presenta a figura de Santiago Apóstolo e a cidade de Santiago de Compostela de modos moi diferentes, tanto a través da selección feita sobre a colección de arte étnico da institución como a través das obras de artistas surrealistas de diferente orixe que teñen á cidade ou ao Apóstolo como protagonistas das súas obras.

Ata marzo de 2011, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Xogos populares na Praza Roxa

O CSCX do Ensanche organiza, como unha actividade para os máis cativos da casa, xogos populares na Praza Roxa.

O sábado 12 de febreiro, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Mari Boine en Sons da Diversidade

Nunha nova entrega do ciclo Sons da Diversidade, Mari Boine chega desde Laponia, onde naceu en 1956 e onde loita por conservar a cultura, a lingua e a música do pobo sami. O canto tradicional deste pobo, o yoik, é a base da que parte a cantante para construír un repertorio no que o folclore do seu país se mestura con arranxos chegados do jazz e o rock.

O sábado 12 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: