Domingo 9 de enero 2011

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Novo concerto dominical da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

O domingo 9 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Implícate 2011, noite de música e palabra solidaria

Implicadas no Desenvolvemento organiza, por sexto ano consecutivo, Implícate, unha cita anual coa cultura e a solidariedade. Coa presentación de Yolanda Castaño e Luís Tosar, actuarán, entre outros: Leilía, Som do Galpóm, Wöyza, o Centro Coreográfico Galego, Quico Cadaval, Séchu Sende, Marica Campo, Ánxela Gracián e Lino Braxe.

As entradas (12 € xeral, 8 € estudantado) estan á venda taquilla Caixa Galicia, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43, onde tamén está dispoñible unha fila cero (entradas a 5 €) para os que non poidan acudir pero queiran facer a súa achega.

Haberá tamén unha mesa de venda de produtos de Implicadas destinada a financiar os proxectos desta organización.

O domingo 9 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: