Viernes 28 de enero 2011

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiago de Compostela na Fundación Granell

A Fundación Granell presenta a exposición Santiago de Compostela na Fundación Granell, dedicada á cidade na que viviu a súa infancia e adolescencia Eugenio Granell e a que acolle a súa Fundación.

A mostra está conformada na súa maioría por novos fondos da Fundación Granell, uns pertencentes ao legado de Amparo Segarra, dona de Eugenio Granell, e outros recentes doazóns de artistas surrealistas á institución.

A exposición presenta a figura de Santiago Apóstolo e a cidade de Santiago de Compostela de modos moi diferentes, tanto a través da selección feita sobre a colección de arte étnico da institución como a través das obras de artistas surrealistas de diferente orixe que teñen á cidade ou ao Apóstolo como protagonistas das súas obras.

Ata marzo de 2011, na Fundación Granell.

Axenda

Concerto extraordinario da Banda Municipal nas Fontiñas

Concerto extraordinario da Banda Municipal de Música, baixo o título Hoxe toca vento madeira.

O venres 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Compartir: