Jueves 20 de enero 2011

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio

A Orquestra Sinfónica de Galicia chega como orquestra convidada para un novo concerto do Auditorio de Galicia. Víctor Pablo Pérez dirixe á formación nun concerto no que tamén participarán o Coro Feminino e os Nenos Cantores da OSG. Interpretarán a Sinfonía núm. 3 en re menor de Mahler.

O xoves 20 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: