Miércoles 5 de mayo 2010

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

XXIX Feira do Libro na Alameda

A 29ª edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela celébrase do 1 ao 9 de maio. Durante eses dez días, a Alameda acolle os expositores de librarías e editoriais que dan a coñecer as súas principais novidades. A feira complétase cun intenso programa de actividades.

Do 1 ao 9 de maio, de 11:00 a 21:30 horas, na Alameda.

Axenda

Os primeiros xogos

Baixo o título Os primeiros xogos, o CSC das Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.

O mércores 5 de maio, ás 17:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas. Menores de 5 anos.

Axenda

Semana da Natureza en Fontiñas

O CSC das Fontiñas acolle unha Semana da Natureza chea de actividades, no marco da Aula de Xogo.

Do 4 ao 8 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Contos para maiores con Celso Fernández Sanmartín

O experimentado narrador oral Celso Fernández Sanmartín ofrece unha sesión de contos pensados para o público adulto. A actuación encádrase no programa Santiago Encantado, de animación á lectura.

O mércores 5 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Compartir: