Jueves 4 de febrero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Amortal", de Ana Martín Puigpelat

Amortal é un espectáculo teatral nacido durante un proceso de colaboración entre tres actores e un poeta, coa intención de traer á actualidade o eterno conflito co outro.

Salvador Bolta Ferrer dirixe unha obra de Ana Martín Puigpelat. No reparto: Mercedes Castro, Francisco Olmo e
Celso López.

O proceso iníciase cunha serie de propostas escénicas a partir de improvisacións arrededor do mundo da parella, que acabará constituíndo o material de base para o traballo posterior da dramaturxia.

O mércores 3 e o xoves 4 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Unha comparsa de Entroido no CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo do Centro Sociocultural de Fontiñas impártense obradoiros para a realización dunha comparsa que se exhibirá no Entroido do Concello.

De martes a venres, ata o 12 de febreiro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

A Orquestra Sinfónica de Castela e León, no Auditorio

Novo concerto de abono, desta vez da man da Orquestra Sinfónica de Castela e León, dirixida por Alejandro Posada, e coa participación da soprano María José Moreno. Interpretarán obras de Mozart e Mahler.

O xoves 4 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: