Sábado 27 de febrero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "Iacobus Gallecia" na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago, que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

A exposición permanecerá aberta ao público do 11 de febreiro ao 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións,
rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes).

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Proxección de "La prima Angélica" e "Orgullo y pasión"

Dentro do ciclo de cine do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, proxéctanse os filmes La prima Angélica, de Carlos Saura (representativo de Segovia) e Orgullo y pasión, de Stanley Kramer (Ávila).

O sábado 27 de febreiro, ás 20:00 e 22:00 horas, respectivamente, no Teatro Principal.

Axenda

Rodrigo Leão no ciclo Sons da Diversidade

Rodrigo Leão, fundador de Madredeus e Sétima Legião, presenta o seu traballo máis introspectivo e nostálxico, A Mãe. Texturas melancólicas da man dun dos músicos portugueses máis recoñecidos. Nova entrega do Ciclo Sons da Diversidade.

O sábado 27 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: