Viernes 26 de febrero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "Iacobus Gallecia" na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago, que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

A exposición permanecerá aberta ao público do 11 de febreiro ao 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións,
rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes).

Axenda

Cinema e música con Charles Chaplin

O Auditorio de Galicia acolle un concerto didáctico con música en directo para acompañar o filme The Kid, de Charles Chaplin.

The Kid é un dos filmes máis coñecidos de Chaplin. Unha muller londinense, sumamente pobre, vese na necesidade de abandonar ao seu fillo nunha casa de millonarios, aínda que por unha serie de circunstancias o neno terminará sendo coidado por un vagabundo que se converte así no seu pai. Cinco anos despois, e coa nai convertida nunha popular cantante, o destino tratará de separalos...

O 26 de febreiro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Xogamos en francés

O CSC das Fontiñas convida aos nenos e nenas a divertirse mentres aprenden francés.

No Centro Sociocultural das Fontiñas, todos os venres de febreiro en dúas sesións: ás 18:00 horas, para nenos de 4 a 5 anos; e ás 19:00 horas para os de 6 a 9 anos. É precisa a inscrición previa.

Axenda

Montando "O soño dunha noite de verán"

Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro.

O venres 26 de febreiro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Proxección de "A noite que deixou de chover" e "Octavia"

Dentro do ciclo de cine do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, proxéctanse os filmes A noite que deixou de chover, de Alfonso Zarauza (representativo de Santiago de Compostela) e Octavia, de Basilio Martín Patino (Salamanca).

O venres 26 de febreiro, ás 20:00 e 22:00 horas, respectivamente, no Teatro Principal.

Compartir: