Jueves 2 de diciembre 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Axenda

Cineuropa 2010

24ª edición de Cineuropa do 10 de novembro ao 3 de decembro. Nesta edición proxectaranse en cinco salas da cidade 130 filmes chegados desde todas as partes do mundo, cunha atención especial ao cinema feito aquí.

Máis información na web de Cineuropa.

Axenda

"A voz humana", de Poulenc, coa Real Filharmonía

A Real Filharmonía de Galicia leva a escena a ópera A voz humana, de Poulenc, coa soprano Marisol Montalvo e a dirección escénica de Ana Vallés, de Matarile Teatro. Neste mesmo concerto estrearase o Concerto para violín de Octavio Vázquez. A dirección da orquestra corre a cargo de Santiago Serrate.

O xoves 2 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: