Jueves 16 de diciembre 2010

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Axenda

IX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

Nova edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Serán catro espectáculos quel levarán a escea as diversas formas de entender o teatro afeccionado que teñen os grupos que conforman.

Programa:

12 de decembro
Gala X Aniversario FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Entrega do I Premio FEGATEA.

13 de decembro
Teatro de Cámara Dietea: Acto imprevisto. Aquí cheira a morto
14 de decembro
Paso de Valverde: Drammático
15 de decembro
NNC Teatro: Peza para dous actores
16 de decembro
O Aturuxo de Melpómene: Non todos os ladróns veñen por mal
Todas as sesións no Teatro Principal.

Axenda

Concerto da Real Filharmonía de Galicia e de Milladoiro a beneficio de Proxecto Home

O Auditorio de Galicia será escenario da gala conclusiva do XX Aniversario de Proxecto Home Galicia. Trátase dun concerto solidario que permitirá recadar fondos para os diferentes programas de rehabilitación e reinserción social de persoas drogodependentes. O prezo das entradas é de 12 euros, e xa poden ser adquiridas no propio Auditorio de Galicia ou no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), Discos Gong (Praza de Galicia) e nos diferentes centros de Proxecto Home en Galicia.

O concerto estará conformado por pezas interpretadas pola Real Filharmonía de Galicia, na primeira parte, e por Milladoiro, na segunda parte. O concerto rematará coa actuacion conxunta de ambas formacións. Maximino Zumalave será o director da orquestra santiaguesa. Como solista actuará Carlos Méndez, contrabaixo principal da Filharmonía, quen tocará no Divertimento concertante para contrabaixo e orquestra composto polo italiano Nino Rota en 1968.

O xoves 16 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: