Sábado 11 de diciembre 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Axenda

"A esmorga", por Sarabela Teatro

A esmorga, o clásico da literatura galega, chega ás taboas do Teatro Principal da man de Sarabela Teatro, para celebrar o 50 aniversario da publicación do texto e lembrar os 30 anos desde o pasamento de Eduardo Blanco Amor.

O venres 10, ás 11:00 (función didáctia) e ás 21:00 horas, e o sábado 11 ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: