Viernes 12 de noviembre 2010

Axenda

"Trazos, anacos e bosquexos" de Miguel Ángel Vigo, no CSCX do Ensanche

O CSCX do Ensanche acolle unha exposición de pintura e escultura de Miguel Ángel Vigo. Titúlase "Trazos, anacos e bosquexos" e reúne un amplo abano de obras nas que reflexiona sobre cuestións como a vida, a memoria, a soedade do individuo ou a morte.

Ata o 26 de novembro, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

O colectivo 20º 65%, coa súa mostra "Identitas", na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes) acolle a presentación pública do Colectivo Artístico 20º 65% (20ºC e 65% de humidade, condicións óptimas para conservar unha obra de arte). Unha mostra baixo o título Identitas serve de posta de longo para este grupo.

Do 5 ao 26 de novembro, na Casa das Asociacións.

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Compartir: