Jueves 21 de octubre 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Exposición de óleos na Casa das Asociacións de Cornes

A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3) unha exposición da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". A mostra exhibe os traballos realizados polas participantes no Curso de Pintura ao Óleo promovido pola devandita asociación.

Do 19 ao 30 de outubro, na Casa das Asociacións.

Horario de mañá de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde de martes a sábado, de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Semana dos espantallos en Fontiñas

O programa Aula de Xogo trae ás Fontiñas a Semana dos espantallos. Está dirixida a nenos e nenas maiores de cinco anos ou menores acompañados dun adulto.

Do 19 ao 22 de outubro, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Charla sobre alimentos e saúde

O programa Club dos Maiores trae unha nova charla, nesta ocasión sobre alimentos e saúde.

O xoves 21 de outubro, ás 19:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Feira das Artes Escénicas 2010

A Feira Galega das Artes Escénicas regresa ao seu encontro anual co teatro e a danza feitos en Galicia. Esta décimo oitava edición do evento desenvólvese en seis espazos de Santiago de Compostela, concentrando a súa actividade en catro intensas xornadas de exhibición e de negocio, durante as que un total de 21 compañías -18 delas galegas- amosan as súas últimas propostas diante de programadores e axentes culturais chegados de toda Galicia, así como do resto do Estado e de Portugal.

Do 18 ao 21 de outubro, en varios espazos da cidade.

Compartir: