Domingo 10 de octubre 2010

Axenda

Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

O Auditorio de Galicia acolle unha mostra retrospectiva da obra de Manuel Outumuro, reputado fotógrafo ourensán de moda afincado en Barcelona, que percorre dúas décadas de traballos.

Ata o 12 de decembro na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival de Títeres "Galicreques"

O Festival Internacional de Títeres Galicreques cumpre xa 15 anos de vida e xa trouxo a Compostela máis de 300 compañías provintes de todo o mundo. Nesta edición, oportunidade de ver en directo a 20 compañías de diferentes países e con variedade de estilos e tipografías: sombras, fíos, luvas, guiñois, máscaras e outras.

Do 2 ao 10 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

A Cidade Interpretada

Nove artistas internacionais transforman Santiago de Compostela durante dous meses no marco do proxecto expositivo A Cidade Interpretada. Estes creadores realizarán diversas intervencións artísticas de carácter temporal en diferentes lugares da cidade dentro desta iniciativa, comisariada por Pablo Fanego.

A Cidade Interpretada contará coas intervencións do artista romanés Mircea Cantor; a parella holandesa Lonnie van Brummelen & Siebren de Haan; a francesa Latifa Echakhch; o austríaco Andreas Fogarasi; o romanés Daniel Knorr; o galego Rubén Santiago; o alemán Florian Slotawa e o neozelandés Michael Stevenson.

Ata o 28 de novembro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

Concerto da Banda Municipal de Música

Novo concerto dominical da Banda Municipal de Música, dirixida por X.C. Seráns.

O domingo 10 de outubro, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.

Compartir: