Martes 29 de septiembre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A primeira liña do ferrocarril galego: Cornes-Carril

A Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e o CSC Conxo presentan unha exposición con motivo da XXIV Semana Cultural de Conxo, que permite coñecer a que foi a primeira liña de ferrocarril galega, que unía Cornes con Carril, inaugurada o 15 de setembro de 1873.

Do 8 ao 30 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Continúa o "Círculo máxico dos mestres do lied"

Celébrase no Teatro Principal o terceiro concerto da décima edición do Ciclo de Lied de Santiago de Compostela, que este ano recibe o nome de O círculo máxico dos mestres do lied.

A voz do tenor Werner Güra, na súa primeira incursión no programa compostelán dedicado a esta música, interpretará pezaos do Amor de poeta de Schumann e Wolf, e lieder sobre textos de Eduard Mörike. Ao piano estará, como non, o mestre Roger Vignoles.

O martes 29 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: