Martes 9 de junio 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

"Brokers", de Yllana, en Teatro e Danza en Xira

Brokers, ao estilo Yllana, retrata o salvaxe e irreverente mundo das altas finanzas. Tras a estela de 666 e Star Trip, deslízase no universo do luxo e do diñeiro para amosarnos o seu tolo e esmendrellante xeito de ver o mundo.

O martes 9 e o mércores 10 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: