Miércoles 28 de octubre 2009

Axenda

A mostra "Latexos dun mundo convulso", no Auditorio

O Auditorio de Galicia presenta unha colección de fotografías, comisariada por Sandra Balsells. Nela, dez artistas pretenden retratar os escenarios conflictivos do mundo, desde a Revolución dos Cravos ata a Guerra de Irak.

Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernad, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez son os autores das imaxes desta mostra, titulada Latexos dun mundo convulso, que ofrece unha ollada comprometida sobre a realidade.

Do 17 de setembro ao 2 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Buika no Multiusos Fontes do Sar

Buika abre a xira de presentación do seu disco no Multiusos Fontes do Sar. A cantante mallorquina dará a coñecer en directo o seu primeiro traballo con Chucho Valdés, un disco con doce temas do repertorio de Chavela Vargas titulado El último trago. Buika, nacida en Palma de Mallorca de familia orixinaria de Guinea Ecuatorial, amosará en Santiago a súa particular visión da música, mestura de flamenco, rancheras e jazz.

O mércores 28 de outubro, ás 21:30 horas, no Multiusos Fontes do Sar.

Compartir: