Viernes 5 de mayo 2017
Axenda
Balnearia Bibliográfica, mostra no Gaiás
Percorrido polas augas minerais de Galicia, con 150 pezas orixinais relacionadas co mundo das augas termais e minerais a través dos libros.
Do 8 de abril ao 18 de setembro, na Cidade da Cultura.
Axenda
Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea
Exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
Do 21 de marzo ao 25 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela", exposición fotográfica sobre a evolución urbana da cidade
Baixo o título Mirando a cidade. Un paseo pola historia de Compostela, esta exposición de fotografías mostra a evolución da cidade de Santiago, dende as súas orixes ata a actualidade, a través de lugares emblemáticos pertencentes a diferentes épocas históricas. Son un total de 61 instantáneas de 58 autores e autoras diferentes, integrados na Asociación Cultural Fotoforum Compostela. Recolle espazos tan diversos como a necrópole neolítica Chans de Figueiras, o Pazo de Xelmírez, o Pazo de Monroy, a Casa do Deán, o Pazo de Raxoi, a Finca do Espiño, o Pazo de Santa Cruz, a Cidade da Cultura, a dársena da Avenida Xoán XXIII, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a estación do tren…
Ata finais de xuño, na Casa do Cabido.
Axenda
Feira do Libro de Galicia
Nova edición en Santiago da Feira do Libro de Galicia.
Do 29 de abril ao 7 de maio, no paseo central da Alameda.
Axenda
Imperdible. Festival de Impro de Galicia
Segunda edición do Imperdible. Festival de Impro de Galicia, que reivindica a improvisación como ferramenta de traballo creativo.
Do 4 ao 7 de maio en varios espazos da cidade.
Axenda
"Case nada en común", exposición no CSC de Vite
Exposición colectiva de artistas que teñen practicando as artes ao vivo nas rúas de Santiago de Compostela.
Ata o 30 de maio, no Centro Sociocultural de Vite.
Axenda
Mostras permanentes e temporais na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle nas súas salas varias exposicións temporais e permanentes.
Durante todo o ano, na Fundación Granell.