Jueves 22 de septiembre 2016
Axenda
30 Semana Cultural de Conxo
A Semana Cultural de Conxo alcanza xa a súa 30ª edición, cun programa repleto de obradoiros, xogos, música, deporte...
Do 20 ao 24 de setembro, en diversos espazos do barrio de Conxo.
Axenda
Programación infantil con Apego
No marco do programa Apego, o Concello de Santiago agrupa toda a programación infantil en galego, de xeito que as familias poidan atopar facilmente todas as propostas dos diferentes departamentos municipais para os máis pequenos da casa.
Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.
Axenda
Mostra "80 anos. Santiago 1936" na Fundación Granell
A exposición 80 anos. Santiago 1936 pretende explicar como, en tan poucos días, Santiago pasou de ser unha cidade en plenas festas do Apóstolo, na que aínda se festexaba o Estatuto de Autonomía de Galicia, ao triunfo do golpe de estado. Como as rúas de Compostela pasaron de ser un espazo de convivencia, pugna e pluralidade democrática, a converterse no escenario do medo, da persecución e da matanza.
Do 7 de xullo ao 25 de setembro, na Fundación Granell (praza do Toural). A mostra pode visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os sábados de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Axenda
Compostela + Solidaria, actividades de sensibilización nos centros socioculturais
O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.
Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.
Axenda
A Canción de Cámara Vasca no XVII Ciclo de Lied
A Canción de Cámara Vasca é a protagonista do terciro dos concertos do Ciclo de Lied. A soprano Miren Urbieta-Vega interpretará os compositores Jesús Guridi, Félix Lavilla e Pablo Sorozábal; acompañada ao piano de Rubén Fernández Aguirre.
O xoves 22 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Concerto na Catedral dentro do ciclo Peregrinos Musicais
Un dos escenarios característicos que se mantiveron nas edicións anteriores volverá albergar un dos concertos máis esperados da VI edición Peregrinos Musicais. É o concerto da Catedral de Santiago. Este evento é o verdadeiro corazón do Festival e marca un dos momentos máis especiais da peregrinaxe dos mozos músicos. O concerto da Catedral é ademais un dos máis destacados pola súa solemnidade e o seu afinado programa que é representado ante un exquisito público.
O xoves 22 de setembro, ás 21:00 horas, na Catedral de Santiago.