Domingo 24 de febrero 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"O guiso": teatro familiar con Matreska Teatro

Matreska Teatro representa O guiso. O señor que escribe as obras fixo que Ledicia e Papabola viviran nunha cociña dentro do escenario dun teatro. Cando se prenden os focos en nas butacas hai xente, Ledicia e feliz. Aínda que a Papabola iso de facer unha función non lle fai ningunha graza.

O domingo 24 de febreiro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Estrea absoluta de "Waltz"

"O corazón é un neno, espera o que desexa". Proverbio ruso. Waltz é un conto sobre o amor. A vida é un salón de baile onde imos cambiando de parella. Hai parellas que te pisan, outras que te agarran pola cintura, a algunhas súanlle as mans e con outras bailarías por toda a eternidade. Reprsenta a compañía Voadora.

Na Zona C, nas seguintes funcións:
- Xoves 14 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 15 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 16 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 17 febreiro, ás 19:30 h.
- Xoves 21 febreiro, ás 20:30 h.
- Venres 22 febreiro, ás 20:30 h.
- Sábado 23 febreiro, ás 20:30 h.
- Domingo 24 febreiro, ás 19:30 h.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: