Sábado 27 de octubre 2012

Axenda

"Calisto", de Teatro Merdional

Teatro Meridional, compañía integrada por profesionais do teatro procedentes de varios países cunha clara vocación viaxeira, representan en Santiago Calisto, historia dun personaxe.

O sábado 27 de outubro, ás 21:00 horas, e o domingo 28, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche

Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.

Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Xornadas de Música Contemporánea

Dous novos concertos dentro das Xornadas de Música Contemporánea. O Trío Arbós toca obras de Kapustin, Torres e Ravel, mentres que Barn Owl (California, drone) interpreta Shadowland.

Sábado 27 de outubro:

- Trío Arbós, ás 20:00 horas, no Paraninfo da Universidade.

- Barn Owl, ás 22:30 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

A Triloxía: Clitemnestra, Electra e As Furias

O colectivo As Churras transporta a Orestíada de Esquilo á Zona C en forma de triloxía, a través das personaxes de Electra, Clitemnestra e As Furias, as personaxes femininas principais de cada unha das tres partes da traxedia.

Calendario de funcións na Zona "C":

Venres 12 e sábado 13 de outubro 2012: 20:30 horas.
Domingo 14 de outubro: 19:30 horas.
Venres 19 e sábado 20 de outubro: 20:30 horas.
Domingo 21 de outubro: 19:30 horas.
Venres 26 e sábado 27 outubro: 20:30 horas.
Domingo 28 outubro: 19:30 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: