Sábado 20 de octubre 2012

Axenda

Xornada sobre micoloxía no CSC de Conxo

Nova Xornada Micolóxica o sábado 20 de outubro. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.

A partir das 9:30 horas, sairá do CSC de Conxo un roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio, que permitirá a recollida de cogomelos. Xa pola tarde, ás 17:30 horas, procederase á identificación e estudo das setas recollidas. Posteriormente, ás 19:00 horas, conferencia de José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, titulada Iniciación á Micoloxía: cogomelos, formas, cores e hábitats.

O sábado 20 de outubro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche

Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.

Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal cumpre os seus primeiros 10 anos de vida ofrecendo ao público compostelá a oportunidade de compartir a cultura árabe e, á súa vez, facelos partícipes da liberdade e a esperanza de 300.000 millóns de persoas dentro do mundo árabe.

Do 14 ao 20 de outubro, en diversos espazos da cidade.

Axenda

A Triloxía: Clitemnestra, Electra e As Furias

O colectivo As Churras transporta a Orestíada de Esquilo á Zona C en forma de triloxía, a través das personaxes de Electra, Clitemnestra e As Furias, as personaxes femininas principais de cada unha das tres partes da traxedia

Calendario de funcións na Zona "C":

Venres 12 e sábado 13 de outubro 2012: 20:30 horas.
Domingo 14 de outubro: 19:30 horas.
Venres 19 e sábado 20 de outubro: 20:30 horas.
Domingo 21 de outubro: 19:30 horas.
Venres 26 e sábado 27 outubro: 20:30 horas.
Domingo 28 outubro: 19:30 horas.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: