Miércoles 10 de agosto 2011

Axenda

Vive o Verán!

No verán, as prazas e parques da cidade son escenarios axeitados para relacionarse practicando un deporte, facendo roteiros, observando as estrelas e os planetas, ou ben gozando dun clásico de cinema na rúa. E para os máis cativos e cativas contos, obradoiros, saídas e xogos populares. Relacionarse, aprender, compartir... Iso é Vive o Verán , un programa estacional dirixido a público familiar en espazos abertos de Compostela.

Durante todo o verán, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Fashion victim", intervención de Iván Prieto na Zona C

Intervención de Iván Prieto comisariada por Cristina Moreiro. O seu título: Fashion victim.

Do 6 xullo ao 25 de setembro, na Zona C.

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Festival dos Abrazos

O Festival dos Abrazos celebra a súa cuarta edición e ofrece 66 actividades de diferentes disciplinas en espazos singulares da cidade.

Do 8 ao 27 de agosto en diversos espazos da cidade.

Axenda

Os clásicos á rúa

A Concellería de Centros Socioculturais prorrogou durante o mes de agosto o ciclo de cine Os clásicos á rúa, que se realizou de balde na praza de San Martiño Pinario todos os mércores de xullo.

Desta vez proxectarase Blade Runner, de Ridley Scott (1982).

O mércores 10 de agosto, ás 22:30 horas, na praza de Santo Martiño Pinario.

Compartir: