Martes 28 de junio 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia colaboran no Nanonasa: III Campamento de verán para nen@s, que convoca a Sala Nasa por terceiro ano. Trátase dunha actividade lúdica e cultural, para que a rapazada coñeza e habite durante dúas semanas nun espazo teatral non convencional que é alleo a súa experiencia habitual.

Do 27 de xuño ao 8 de xullo, na Sala Nasa.

Axenda

Roteiro Literario con Marilar Aleixandre dende o Obradoiro

Dentro do programa de Roteiros Literarios que organiza a Concellaría de Cultura xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega, percorrido con Marilar Aleixandre.

O roteiro partirá da praza do Obradoiro. Os interesados están convocados na porta do Hostal dos Reis Católicos para ir, seguindo o roteiro, polo casco histórico, para despois cruzar a Alameda e acabar no lavadoiro de Cornes.

O martes 28 de xuño, a partir das 20:00 horas, na praza do Obradoiro. Punto de encontro: Porta do Hostal dos Reis Católicos.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: