Viernes 17 de junio 2011

Axenda

"Que ves cando me ves?": exposición de artistas contemporáneas

Muller e igualdade son o núcleo de encontro entre as diversas liñas temáticas e perspectivas presentes nas distintas obras da mostra Que ves cando me ves?, que ten por comisaria a Paula Cabaleiro.

Do 10 ao 30 de xuño, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

"Expulsadas do Parnaso": recital de poesía e videocreación

Seguen as xornadas Que ves cando me ves, desta vez cun recital de poetas de diferentes xeracións e estéticas.

O venres 17 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións (Cornes).

Axenda

Ana Belén e Rosa Torres-Pardo en Sons da Diversidade

Nova entrega do ciclo Sons da Diversidade. Unha gran pianista e unha das máis respectadas cantantes do panorama estatal únense sobre o escenario para establecer novos diálogos entre piano e voz, entre música e poesía, entre cantos e palabras. Ana Belén e Rosa Torres-Pardo alternan poesía española e música para piano a modo de pregunta e resposta, nun espectáculo con guión do poeta granadino Luis García Montero e a dirección escénica de José Carlos Plaza.

O venres 17 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: