Miércoles 25 de mayo 2011

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

"A memoria da xente" no Centro Sociocultural da Trisca

A exposición A memoria da xente seguen a súa andaina polos barrios composteláns. Trátase dunha mostra gráfica e audiovisual que converte en protagonistas as pequenas historias anónimas de Compostela e aborda ao conxunto da cidade desde 1900 ata 1975.

Do 24 de maio ao 7 de xuño no Centro Sociocultural da Trisca.

Axenda

O recanto do artista no CSC "Aurelio Aguirre" de Conxo

Dentro do programa Aula de Xogo, obradoiros de reciclaxe, marionetas, abalorios... baixo o título Recanto do artista.

O mércores 25 de maio, ás 18:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo.

Axenda

Mércores de conto en Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo, sesión titulada Mércores de conto.

O mércores 25, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: