Viernes 20 de mayo 2011

Axenda

"Un acto heroico": mostra de David Rubín na Zona C

Enmarcada na programación do Festival internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, Un acto heroico é unha mostra na que David Rubín presenta algúns dos seus debuxos máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv.

Do 28 de abril ao 26 de xuño na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Axenda

Os almorzos das Fontiñas

A Rede de Centros Socioculturais, dentro do programa Aula de Informática, organiza Os almorzos das Fontiñas.

Os venres 6, 13, 20 e 27 de maio, ás 10:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

A Producións Artísticas presenta "Alicia&Alicia" no Teatro Principal

Alicia&Alicia, a nova montaxe de A Producións Artísticas convida a reflexionar sobre a actualidade. Para a súa posta en escena partiuse dunha adaptación na linguaxe de narración infantil utilizada no clásico de Lewis Carroll, para enfrontala cunha linguaxe estética, musical, coreográfica e audiovisual para adultos, esta última representada nun submundo do onírico, da cultura popular, movementos socioculturais, tribos urbanas, correntes éticas e estéticas... O punk mesturado co grunge, o glam co movemento hippy, unións imposibles, mutantes que na vida real non poderían convivir, coexisten neste submundo dun xeito natural.

O xoves 19 e o venres 20 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: