Miércoles 18 de mayo 2011

Axenda

Recanto do artista no CSC de Conxo

Dentro do programa Aula de Xogo, obradoiros de reciclaxe, marionetas, abalorios... baixo o título Recanto do artista.

O mércores 18 de maio, ás 18:00 e 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Mércores de conto en Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo, sesión titulada Mércores de conto.

O mércores 18, ás 18:30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Festival de Teatro Intercentros

A XVI edición do Festival de Teatro Intercentros chega ao seu fin coas representacións das mellores obras representadas polos alumnos de Primaria e Secundaria dos centros de ensino. Nesta última entrega, a mellor obra de Primaria. Organiza a Concellería de de Educación.

O mércores 18 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Exposición "Con A de Astrónomas" nas Fontiñas

Con A de Astrónomas é unha historia que empeza hai miles de anos, quizáis centos de miles, cando as nosas antepasadas, con "a", miraron ao ceo e preguntaron que había nel. É seguro que, xa entón, as mulleres mediron o tempo observando a Lúa e o Sol.

Do 26 de abril ao 18 de maio, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

"Casus belli + Refutación do contexto"

O Auditorio de Galicia produce unha nova exposición, baixo o título Casus belli + Refutación do contexto, comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González Alegre. A mostra xira en torno aos conflitos de recepción na arte contemporánea. Inclúe obras de: Jorge Barbi, Xosé Carlos Barros, Fernando Casás, Xavier Correa Corredoira, Marisa Fernández, Manolo Figueiras, Juan Loeck, Alain Magri, Rut Massó, Din Matamoro, Manuel Moldes, Marina Núñez, Simón Pacheco, Pelucas, Diego Santomé, Xoán Torres, Jesús Valmaseda, Proxecto Buraco e Proxecto Ocultacións.

Do 6 de abril ao 17 de xullo, no Auditorio de Galicia.

Compartir: