Sábado 19 de febrero 2011

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Santiago de Compostela na Fundación Granell

A Fundación Granell presenta a exposición Santiago de Compostela na Fundación Granell, dedicada á cidade na que viviu a súa infancia e adolescencia Eugenio Granell e a que acolle a súa Fundación.

A mostra está conformada na súa maioría por novos fondos da Fundación Granell, uns pertencentes ao legado de Amparo Segarra, dona de Eugenio Granell, e outros recentes doazóns de artistas surrealistas á institución.

A exposición presenta a figura de Santiago Apóstolo e a cidade de Santiago de Compostela de modos moi diferentes, tanto a través da selección feita sobre a colección de arte étnico da institución como a través das obras de artistas surrealistas de diferente orixe que teñen á cidade ou ao Apóstolo como protagonistas das súas obras.

Ata marzo de 2011, na Fundación Granell.

Axenda

Exposición de Carolina Caluori: "Give me your picture..."

Nova mostra na Zona "C", desta volta coa artista arxentina Carolina Caluori, que expón unha montaxe baixo o título Give me your picture....

Do 9 de febreiro ao 24 de abril na Zona "C".

Axenda

Obradoiro de creación literaria en Fontiñas

Obradoiro de creación literaria dentro do programa Aula de Xogo, coordinado pola compañía de títeres A Xanela do Maxín. Para nenos mairoes de 5 anos. É necesaria inscrición.

O sábado 19 de febreiro, ás 12:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Proxección do documental "A cidade perdida"

Nova proxección do ciclo de documentais no marco do programa Cinemas Dixitais, esta vez co título A cidade perdida, dirixido por Miguel Anxo Romero, que trata sobre o urbanismo de Vigo.

O sábado 19, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

"Razas", de David Mamet, no Teatro Principal

Juan Carlos Rubio dirixe esta versión de Razas, obra que o propio autor, David Mamet, vén de dirixir con éxito en Broadway. O reparto está integrado por Toni Cantó, Bernabé Rico, Emilio Buale e Monse Plá. Esta é a primeira entrega dunha nova edición do ciclo Teatro e Danza en Xira.

O sábado 19 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: