Jueves 1 de abril 2010

Axenda

Exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936"

A Casa das Asociacions acolle a mostra As Misións Pedagóxicas 1931-1936. Esta exposición divídese en varios epígrafes que percorren dende os antecedentes desta experiencia ata os servizos que ofrecían as Misións Pedagóxicas: o Servizo de Bibliotecas, o Museo do Pobo, o Cine, o Coro e Teatro do Pobo, o Servizo de Música ou o Retablo de Fantoches, que naceu en terras galegas. Os habitantes das aldeas e das vilas ás que chegaron as Misións, así coma os intelectuais, pintores, escritores ou mestres que colaboraron nesta iniciativas, son os protagonistas da mostra.

A exposición tamén quere reflexionar sobre o que supuxeron as Misións Pedagóxicas para aquela mocidade de entón e o corte que produciu nas súas biografías o estalido da Guerra Civil. Por iso, tamén están programadas paralelamente mesas redondas, abertas ao público, coa participación de destacados representantes de ámbitos pedagóxicos, da historia da arte e da creación cultural, así como visitas guiadas para estudantes universitarios e de secundaria.

Ata o 30 de abril na Casa das Asociacións (rúa manuel Beiras, 3 - antiga estación de Cornes).

Mañás: de 9:00 a 14:00 horas (luns a venres) e de 10.00 a 14:00 horas (sábado)

Tardes: de 16:30 a 21:30 horas (martes a sábado)

Axenda

A mostra "María Xosé Díaz 1980-2010", no Auditorio de Galicia

"María Xosé Díaz 1980-2010" é o título da exposición que amosa unha compilación da obra desta artista nada en Catoira. A mostra está comisariada por Antonio Garrido Moreno.

Do 11 de marzo ao 20 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Procesión da Última Cea do Salvador

Punto de saída
Igrexa de San Francisco

Percorrido
Campiño de San Francisco – Praza do Obradoiro – Praza das Praterías – Rúa do Vilar – Rúa Nova – Rúa da Conga – Praza das Praterías – Praza do Obradoiro – Campiño de San Francisco

A ter en conta...
Procesiona con cruz parroquial acompañada de carraca, música de banda de cornetas e tambores e música da banda municipal.

Os seus nazarenos visten hábito de sarga negra con, bocamangas, capuz e faixa verde oliva.

O paso da Última Cea do Salvador, premiado na Exposición Universal de París, é unha talla do escultor compostelán Sanmartín que data de 1864.

O Nazareno de Medinacelli que se saca en procesión foi doado á confraría recentemente polas relixiosas da Compañía de María, igrexa compostelá na que se conserva unha réplica do mesmo.

A Dolorosa que procesiona é unha talla propiedade da orde franciscana seglar atribuida ao imaxineiro galego Ferreiro.

Ás 19:30 horas, dende a igrexa de San Francisco.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Festival de Músicas Contemplativas

Cuarta xornada do Festival de Músicas Contemplativas. Desta vez, actuacións da Helsinki Baroque Orchestra (Finlandia), de Hilliard Ensemble (Inglaterra) e de Alim & Fargana Qasimov (Acerbaixán).

Ás 20:00 horas, Helsinki Baroque Orchestra na igrexa de San Martiño Pinario.

Ás 22:00 horas, Hilliard Ensemble na igrexa das Ánimas.

Ás 23:55 horas, Fargana Qasimov na igrexa da Universidade.

Axenda

Procesión de Xesús Flaxelado

Punto de saída
Igrexa de Santo Agostiño

Percorrido
Praza de Santo Agostiño – Cantón de San Bieito – Praza de Cervantes – Rúa da Algalia de Arriba – Praza de San Miguel dos Agros – Rúa de Abril Ares – Rúa das Campás de San Xoán – Rúa da Acibechería – Rúa de Tras San Paio de Antealtares – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Rúa da Caldeirería – Rúa das Orfas – Praza do Toural – Rúa do Vilar – Rúa de Xelmírez – Rúa da Conga – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Cantón de San Bieito – Praza de Santo Agostiño

A ter en conta...
Procesiona a noite do Xoves Santo.

Ten carácter penitencial, con cruces e cadeas.

Os nazarenos visten hábito negro, con carapucha, puños e cíngulo azul celeste.

A imaxe do Noso Pai Xesús Flaxelado foi tallada por Diego de Sande no primeiro terzo do século XVIII.

A angarella na que procesiona foi realizada en 1953 polo ebanista Pose inspirándose nun estilo barroco.

Ás 23:30 horas, dende a igrexa de Santo Agostiño.

Compartir: