Viernes 12 de febrero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

A mostra "Iacobus Gallecia" na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago, que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

A exposición permanecerá aberta ao público do 11 de febreiro ao 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións,
rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes).

Axenda

Unha comparsa de Entroido do CSC das Fontiñas

Dentro do programa Aula de Xogo do CSC das Fontiñas impártense obradoiros para a realización dunha comparsa que se exhibirá no Entroido do Concello.

De martes a venres, ata o 12 de febreiro, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Xogamos en francés

O CSC das Fontiñas convida aos nenos e nenas a divertirse mentres aprenden francés.

No Centro Sociocultural das Fontiñas, todos os venres de febreiro en dúas sesións: ás 18:00 horas, para nenos de 4 a 5 anos; e ás 19:00 horas para os de 6 a 9 anos. É precisa a inscrición previa.

Axenda

Montando "O soño dunha noite de verán"

Expresión corporal, dramatizacións, danza e música encamiñadas a montar un musical. Unha actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 9 anos, que se desenvolverá durante os venres de febreiro.

O venres 12 de febreiro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

A Real Filharmonía interpreta a Mozart e Beethoven

Novo concerto de abono do Auditorio de Galicia, desta volta cun concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Alasdair Neale e coa participación do pianista Dezsö Ranki. Interpretarán obras de Mozart e Beethoven.

O venres 12 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Mofa e Befa interpretan "Shakespeare para ignorantes"

Mofa e Befa (Evaristo Calvo e Víctor Mosquera) traen ao Principal o seu espectáculo "Shakespeare para ignorantes", dirixido por Quico Cadaval.

O venres 12 e o sábado 13, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: