Miércoles 29 de diciembre 2010

Axenda

"Poesía suspensa" na Zona C

Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.

Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.

Axenda

Korda: Coñecido Descoñecido

Exposición retrospectiva do fotógrafo cubano Alberto Korda, mundialmente coñecido polo seu retrato do Che Guevara.

Do 22 de decembro de 2010 ao 27 de marzo de 2011, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Todo Lírica 2010: Elena de la Merced e Josep-Miquel Ramón

A soprano Elena de la Merced e o barítono Josep-Miquel Ramón, acompañados ao piano por Rubén Fernández Aguirre, son os protagonistas do primeiro concerto de Todo Lírica 2010, X Festival de Zarzuela de Santiago, organizado pola Concellería de Cultura e a Asociación Galega da Lírica.

O mércores 29 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro principal.

Axenda

Apalpando as ilusións 2010

O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.

Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.

Compartir: