Jueves 5 de junio 2008
Axenda
"A historieta galega", no Auditorio
A Historieta Galega. 1978-2008 presenta un percorrido histórico pola banda deseñada galega dende os anos 70 até o tempo actual. Amais celebraranse en paralelo á exposición unha serie de clases maxistrais e actividades para os máis pequenos.
Do 6 de marzo ao 6 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Axenda
VII Semana Cultural das Fontiñas
O Centro Sociocultural de Fontiñas celebra unha nova Semana Cultural, nesta ocasión dedicada á auga e ao cambio climático.
Do 3 o 7de xuño.
Axenda
Títeres Cachirulo leva "O libro da selva" ao CSC As Fontiñas
O ciclo Letras Vivas continúa o seu curso coa actuación dos monicreques de Cachirulo, que levarán ao CSC As Fontiñas unha das historias preferidas dos máis pequenos da casa, "O libro da selva".
O xoves 5 de xuño, ás 18:00 horas, no CSC As Fontiñas.
Axenda
Bartok e Beethoven no violín de Vadim Repin
O director húngaro András Ligeti e o violinista ruso Vadim Repin pechan a tempada de abono da Real Filharmonía de Galicia no Auditorio cun concerto de Beethoven e unha peza de Bela Bartok.
O xoves 5 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.