Jueves 30 de junio 2016
Axenda
"Os bicos dos refuxiados", mostra fotográfica de Gabriel Tizón en gran formato, na praza Roxa
Axenda
Tarde de zarzuela coa Banda Municipal de Música de Santiago
A Banda Municipal de Música nesta tarde de xoves fará un repaso polas obras máis emblemáticas deste xénero lírico.
O xoves 30 de xuño, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.
Axenda
"Luciérnagas", por Teatro del Arte sobre un texto de Carolina Román
Despois da exitosa En construcción, escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante e dirixida por Tristán Ulloa, Carolina Román preséntanos agora este novo texto, Luciérnagas, baixo a dirección de Teatro del Arte e protagonizada por Carmen Gutiérrez, Fede Rei e Jaime Reynolds.
O xoves 30 de xuño e o venres 1 de xullo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Mostra do Noveno Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas
Novena edición do Premio Auditorio de Galicia, unha convocatoria que testa a creación emerxente en Galicia achegándonos ás diferentes disciplinas nas que se moven os creadores, pintura, escultura, fotografía, performance, vídeo, instalacións. Foron cento trece os dossieres presentados e son coarenta os artistas que forman parte desta exposición.
Do 11 de marzo ao 18 de setembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Refuxiados sen camiño", exposición do fotoxornalista Gabriel Tizón no centro comecial Área Central
O centro comercial Área Central acolle a exposición Refuxiados sen camiño, do fotoxornalista Gabriel Tizón. Son 22 paneis de gran formato (aproximadamente 2 metros) que amosan 80 fotografías de Gabriel Tizón durante o seu traballo nos campamentos de refuxiados de Idomeni (Turquía).
Durante o mes de xuño, en Área Central.
Axenda
"As rúas contan que. Narrativas gráficas colectivas", intervención na Zona C de Bonaval
Tres colectivos relacionados co debuxo -Oficina Arará, Club del Dibujo e Botafumeiro- baixo o comisariado de Desirée Vidal Juncal, son os protagonisas da terceira das intervencións seleccionadas na modalidade de proxectos de comisariado para a Zona "C" e formando parte da convocatoria en artes visuais que nutre de programación este espazo multidisciplinar.
Do 27 de maio ao 24 de xullo, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural