Domingo 14 de abril 2013
Axenda
Unidos pola arte
A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa
A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Tutto tango" coa Banda Municipal de Música e Alejandro Szabo
Nesta ocasión, a Banda Municipal de Música interpreta un repertorio de tango. Con Alejandro Szabo ao bandoneón.
O domingo 14 de abril, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Pedro Guerra
Pedro Guerra conmemora en 30 años os seus trinta anos de profesión e conta coa colaboración de figuras da talla de Estrela Morente o Chico César e inclue temas antigos e outros novos. Concerto incluído no ciclo Sons'13.
O domingo 14 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural