Viernes 29 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Cuarteto Atlántico

Catro músicos da Sinfónica de Galicia, o Cuarteto Atlántico interpretan na pequena igrexa de S. Fructuoso senllos cuartetos para cordas de Mozart é, o que serve de título ao programa A morte e a doncela, de Schubert.

O venres 29 de marzo, ás 20:00 horas, na igrexa de San Fructuoso.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Il Cuncordu d'orosei

Unha das formas más singulares do canto tradicional do Mediterráneo, o Cuncordu, chega dende Cerdeña á igrexa da Universidade de Santiago. Mestres deste estilo patrimonio oral da humanidade da UNESCO son IL Cuncordu d'Orosei.

O venres 29 de marzo, ás 22:00 horas, na igrexa da Universidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: