Viernes 28 de septiembre 2012

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

VIII Semana Cultural da Rocha

A Rocha celebra unha nova edición da súa Semana Cultural, cun amplo programa de obradoiros, exposicións, visitas guiadas, danza e festa.

Do 25 de setembro ao 2 de outubro, no Centro Sociocultural da Rocha.

Axenda

Galego de Cine

Galego de cine é un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística. A entrada é libre, sen necesidde de inscrición previa.

O venres 28 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas, na praza do Toural.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia no II Festival Internacional "Peregrinos Musicais"

Tras o éxito alcanzado na edición de 2011 celébrase o II Festival Internacional "Peregrinos Musicais". Nesta segunda edición participan os novos músicos da Fundación Mstislav Rostropovich, encabezados por Olga Rostropovich, filla do mundialmente recoñecido cellista ruso, con motivo da celebración do 85º aniversario do seu nacemento.O evento xorde da cooperación entre as Fundacións Benéficas Internacionais de Mstislav Rostropovich e de Vladimir Spivakov, e a Real Filharmonía de Galicia, e conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Xunta de Galicia.

Desta vez, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, acompañada de novos talentos.

O venres 28 de setembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Miniaturas", por Teatro Ensalle

O ciclo Teatro&Danza trae a Compostela a Teatro Ensalle, que presenta Miniaturas, de Pedro Fresneda. Con Raquel Hernández, Artús Rei e Jorge Rúa.

O venres 28 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: