Domingo 23 de septiembre 2012

Axenda

II Marcha Ciclodeportiva Cidade da Cultura

O domingo 23 de setembro celébrase a II Marcha Ciclodeportiva Monte Gaias-Cidade da Cultura. A proba servirá tamén para homenaxear o consagrado ciclista galego Ezequiel Mosquera.

A marcha comezará na praza do Obradoiro ás 9:00 horas e discorrerá por varios municipios da comarca, cun percorrido de aproximadamente 100 quilómetros. Conta con dous portos de montaña como son as subidas ao Pico Muralla e ao Alto de San Xusto. Non obstante, haberá unha ruta alternativa para aqueles ciclistas que non se atopen en condicións de subilos. A marcha finalizará no Monte Gaias (Cidade da Cultura).

As inscricións, o regulamento da proba e o rutómetro pódense consultar na páxina web do club: www.ccbotafumeiro.es.

O domingo 23 de setembro, ás 9:00 horas, na praza do Obradoiro.

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

A Banda Municipal de Música de Santiago sae unha vez máis á rúa para achegar a música a todos os composteláns e visitantes. A programación que presenta pretende recoller todos os gustos e estilos musicais propios das formacións bandísticas, potenciando especialmente a música galega.

O domingo 23 de setembro, ás 12:00 horas, no palco da Alameda.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Se quieren", con Enrique San Francisco e Cristina Gallego

Chega a Compostela a comedia teatral Se quieren, con Enrique San Francisco e Cristina Gallego. Orixinariamente Il`s Saiment, de Pierre Palmade e Muriel Robin, foi estreada en Francia no ano 1996, protagonizada polo propio autor, Pierre Palmade, e a actriz Michelle Laroque, permanecendo en cartel durante tres tempadas. Foi nomeada aos prestixiosos Pemios Moliere como mellor obra de humor.

O domingo 23 de setembro, ás 20.30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: