Sábado 22 de septiembre 2012

Axenda

"Políptico" na Zona "C"

A Zona "C" acolle a mostra Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para este espazo. Comisariado por María Marco, foi o traballo seleccionado no 2011 entre todos os alumnos do curso de posgrao Máster en Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ata o 23 de setembro, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"

O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.

Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A IX edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico abre a súa exposición en Santiago de Compostela.

Do 20 ao 30 de setembro, no claustro do Museo do Pobo Galego no seguinte horario: de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas; os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Axenda

NBA x3 Tour

Chega a Santiago o NBA x3 Tour, un torneo nacional que mestura baloncesto de competición con diferentes actividades divertidas e interactivas. O evento proporcionaralles aos xogadores de baloncesto da cidade a oportunidade de vivir a experiencia NBA de primeira man.

O torneo reúne equipos de catro xogadores en grupos de varias idades: equipos mixtos de menos de 12 anos, menores de 14, menores de 16 e a categoría absoluta masculina e feminina. Os gañadores finais de tódalas cidades enfrontaranse no torneo final en Barcelona os días 8 e 9 de outubro.

O NBA x3 Tour chega a Santiago tras ser un éxito rotundo na súa xira por España e promete ser un espectáculo tanto para os participantes como para o público, creando un ambiente familiar e divertido.

Como estrela invitada acudirá ao torneo o triplo campión da NBA cos San Antonio Spurs Bruce Bowen, quen xogou durante 14 temporadas na mellor liga do mundo.

Toda a información sobre a inscrición no NBA x3 Tour pode consultarse na páxina www.facebook.com/NBAEspana.

O sábado 22, a partir das 11:30 horas, no parque da Alameda. Partidos, concurso e exhibicións na pista central.

Axenda

Lisabö, Cave e Unicornibot dentro da proposta musical triCiclo

O triCiclo é unha proposta musical de concertos de tres bandas, sempre de primeiro nivel galego, nacional e internacional, en diferentes localizacións da xeografía galega. Unha escusa perfecta para, ademais, mostrar ao mundo o talento de artistas galegos noutras disciplinas. Nesta ocasión os protagonistas son Lisabö, Cave e Unicornibot. A proposta está incluída no ciclo Compostela Rock.

O sábado 22 de setembro, ás 20:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: