Sábado 22 de diciembre 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición de Alfredo Soto en Vite

A exposición Un século de retratos da vida social de Compostela, de Alfredo Soto, amosa a evolución da cidade a través das persoas que nela habitan.

Do 17 ao 30 de decembro, no Centro Sociocultural José Saramago de Vite.

Axenda

Teatro familiar: "A folla máis alta", por Berrobambán

A folla máis alta é unha aposta polo xogo, un xogo que transforma as palabras en pequenas historias nas que contamos que fomos nenos antes de ser adultos, e que tiñamos grandes soños, grandes amigos, unhas ganas enormes de medrar para comernos o mundo, para morder a folla máis alta da árbore, a máis verde, a máis fermosa, e que cando medramos nos decatamos de que sempre hai unha folla máis alta, e que esa folla sempre é a máis verde e a máis fermosa, porque nunca poderemos chegar a ela e así seguiremos mantendo esas ganas enormes de seguir medrando e quen sabe se, por fin, mordela. Representación a cargo de Berrobambán no marco do ciclo Teatro&Danza.

O sábado 22 de decembro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cando o efímero se fai tanxible" no CSC da Rocha

Exposición colectiva das artistas Marlene Romero, Estrela Alonso e Alba Carro, Cando o efímero se fai tanxible, comisariada por Maria del Cielo Marcos, estudante do último curso de Belas Artes.

20 fotografias en branco e negro onde se reflicte a natureza e o ser humano dende o concepto do efímero.

Do 14 ao 24 de decembro, no Centro Sociocultural da Rocha (Rúa do Beado 1, Rocha Vella).

Horario: martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas.

Axenda

Concertos solidarios das Corais de Compostela a beneficio da Cociña Económica

A Comisión Corais de Compostela organiza un programa de concertos solidarios de Nadal a prol da Cociña Económica de Santiago de Compostela.

O venres 21 e o sábado 22 de decembro, ás 20:00 horas, na igrexa de San Agustín.

Axenda

Concerto de Nadal coa Orquestra Sinfónica de Galicia

Concerto especial de Nadal no que Ton Koopman dirixirá a Oquestra Sinfónica de Galicia. No programa: o Concerto de Nadal de Corelli; Oratorio de Nadal de Bach; e Ave Verum Corpus e a Misa da Coronación de Mozart. Participarán no concerto tamén Monika Eder, soprano; Bogna Bartosz, mezzosoprano; Virgil Hartinger, tenor; e Falko Höhnisch, baixo.

O sábado 22 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: