Jueves 13 de diciembre 2012

Axenda

Memoria de Peregrinación

Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo é unha mostra audiovisual realizada por Manuel Valcarcel e Alexandro González sobre a ruta de peregrinación a Santiago, dende Europa central ata Compostela, na que se destacan os camiños, paisaxes históricos e lugares da memoria común europea ligados ás peregrinacións xacobeas.

Ata o 27 de decembro, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Cento oitenta segundos" na Zona C

En Cento oitenta segundos, o artista Jesús de la Iglesia presenta unha proposta de intervención inédita, comisariada por Rocío Figueroa, basada nunha liña de investigación que ven desenvolvendo aorredor do retrato dentro do vídeo arte.

Dende o 28 de novembro e ata febreiro de 2013, na Zona "C".

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Recital poético musical no Centro Sociocultural das Fontiñas

Presentación e recital poético musical do libro de poemas Versus a cargo dos seus autores: Miguel Queipo, Antón Borrazás, Hugo Alvarez, Oscar de Souto e Manuel Pombo.

O xoves 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas.

Axenda

Los Enemigos

A primeiros de setembro empezou a circular un comunicado de prensa polo que moitos suspiraban desde tempo atrás. Viña asinado polos Enemigos -Josele, Fino, Chema e Manolo- e anunciaba a súa volta aos escenarios durante todo 2012, dez anos despois do apoteósico tour con que se despediron, deixando un rastro indeleble na memoria do rock en castelán. Agora chegan a Santiago, con dous concertos, no marco do ciclo Compostela Rock.

O xoves 13 e o venres 14 de decembro, ás 20:30 horas, na Sala Capitol.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Maria João Pires coa Real Filharmonía de Galicia

A pianista Maria João Pires visita Compostela para dar un concerto coa Real Filharmonía de Galicia no que se interpretarán obras de Montsalvatge, Haydn e Mozart. "…Que o concerto sexa un diálogo constante entre as miñas mans e todas as seccións da orquestra, entre o director e o último chelo, entre o piano e as madeiras que revisten a sala", di Maria João Pires.

O xoves 13 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: