Domingo 13 de noviembre 2011

Axenda

"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia

Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.

Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Cal e canto", exposición do Colectivo Batbirulau na Zona C

O colectivo Batbirulau, creado en Compostela no ano 2007, protagonista da nova intervención da Zona "C", baixo o título Cal e canto.

Do 21 de outubro de 2011 ao 22 de xaneiro de 2012, na Zona "C".

Axenda

Outono fotográfico nos CSC

A 29 edición do Outono Fotográfico achega seis exposicións aos centros socioculturais da cidade durante o mes de novembro, mostrando os traballos de preto de 200 fotógrafos.

Do 4 ao 30 de novembro nos centros socioculturais de Vite, O Castiñeiriño, Fontiñas, Conxo, A Trisca e O Ensanche.

Axenda

Teatro na Gracia

A Mámoa Teatro representa Só unha noite / Casa dos líos.

O domingo 13 de novembro, ás 12:00 horas, no Local Sociocultural da Gracia.

Axenda

Concerto da Banda Municipal

Novo concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por X. Carlos Seráns, cun programa dedicado nesta ocasión aos compositores rusos.

O domingo 13 de novembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Cineuropa

Cineuropa chega á súa edición número 25 traendo o mellor cine a diversas salas da cidade.

Do 9 de novembro ao 2 de decembro, en diversas salas da cidade.

Compartir: