Lunes 5 de enero 2015

Axenda

Nadal 2014

O Concello de Santiago ofrece este Nadal unha variada programación, con actividades orientadas á participación de todos os públicos.

Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, en diversos espazos da cidade

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Concerto de Reis da RFG

Tango ou música contemporánea de Bos Aires? Arredor da figura do bandeonista e compositor orixinario de Mar del Plata, Astor Piazzolla, a Real Filharmonía de Galicia construé o programa do tradicional concerto da noite de Reis, que inclúe tamén unha suxestiva selección de danzas de Glinka, Kodály, Strauss e Falla.

O luns 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: