Viernes 7 de junio 2013

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Real Filharmonía de Galicia co coro Gulbenkian

A Real Filharmonía de Galicia ofrece a Misa en si menor de Bach nun concerto co que se pecha o Programa de Abono da temporada 2012-2013. Neste concerto estarán dirixidos por Antoni Ros Marbá e estarán acompañados polo coro Gulbenkian; a soprano Sylvia Schwartz; a mezzosoprano Clara Mouriz; o alto Carlos Mena; o tenor Juan Antonio Sanabria e un barítono por determinar.

O venres 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Sés

Despois do éxito colleitado co seu primeiro traballo, Admirando a condición (2011), Sés, acompañada pola súa banda, presenta ao vivo o seu novo disco, Co xenio destrozado, neste concerto enmarcado dentro da programación de Sons’13 e dentro do ciclo Cantigas de Mulleres, inspirado no CD editado homónimo por Fol Música.

O venres 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: