Lunes 8 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"A fábula galénica", títeres por Fantoches Baj

No espectáculo A fábula galénica, títeres de luva interpretan dentro dunha preciosa radio antiga unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares. Narrado coma se dun programa de teatro radiofonico se tratase, cóntase como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo de construírse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto coa raposa, o lobo e o regato a organizárense na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna.

O domingo 7 de abril, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

O luns 8 e o martes 9, ás 10:00 e 12:00 horas, funcións escolares tamén no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: