Miércoles 24 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

Exposición fotográfica do último certame MúsicaXove

Como unha das actividades de promoción para os grupos participantes no Certame MúsicaXove, que cada ano programa a Concellería de Xuventude, realízase unha exposición composta por 32 fotografías e imaxes representativas do concurso. As fotos tomáronse durante o concerto das finais, celebrado o 20 de decembro do 2012 na Sala Capitol, e foron realizadas polo fotógrafo Andrés Fraga. Neste concerto participaron os sete grupos finalistas.

Ata o 20 de maio, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.

Axenda

Concertos didácticos coa Real Filharmonía e Thomas Piel

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este concerto didáctico baixo o nome de O Concerto para violencello de Gulda acompañada por Thomas Piel, violoncellista. O concerto está dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e do Bacharelato.

O mércores 24 e o xoves 25 de abril, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

X aniversario do CSC da Trisca

O venres 26 de abril cúmprense 10 anos dende a inauguración e posta en marcha do Centro Sociocultural da Trisca, emblemático e moderno edificio deseñado polos arquitectos Jonh Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Para celebralo, a Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coas entidades do barrio, preparou un completo programa de actividades.

Do 24 ao 27 de abril, no Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: