Jueves 18 de abril 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País e a Exposición de 1858

A mostra A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858 quere lembrar a importancia da Sociedade Económica de Santiago na dinamización e modernización da cidade e da comarca, en especial no século XIX, con iniciativas que fomentaron a e reactivaron sectores primordiais como a agricultura, a gandería, a industria, a pesca, a administración e a cultura.

Na Casa do Cabido (praza de Praterías).
De martes a sábados: 10:00 a 14:00 / 16:00 a 20:00 h (Verán: 17:00 a 21:00 h). Domingos, de 11:00 a 14:00. Luns pechado.
Entrada libre.

Axenda

A Real Filharmonía de Galicia co tenor Agustín Prunell-Friend

Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía de Galicia neste concerto no que estará o tenor Agustín Prunell-Friend. Interpretan un programa con obras de Pereiro, Mahler e Britten.

O xoves 18 de abril, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Roberto Fonseca

O VI Ciclo 1906 Jazz trae a Compostela ao pianista Roberto Fonseca, quen declara abertamente que no seu último traballo, YO (Jazz Village 2012) atoparémonos con "todas estas ideas que gardaba nun recuncho da miña cabeza, sen ter a oportunidade de levalas a cabo."

O xoves 18 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: