Miércoles 13 de marzo 2013

Axenda

Unidos pola arte

A exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago expón por primeira vez conxuntamente ao público unha ampla selección de obras que forman parte das coleccións de pintura do Concello de Santiago e do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela. Parte deste patrimonio atópase depositado no Auditorio de Galicia, cuxa sala acolle esta proposta, que está comisariada por Juan Conde Roa

A mostra pode visitarse en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas todos os días. Entrada gratuíta.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Compostela revelada

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza de Praterías, acolle a exposición Compostela revelada, do fotógrafo compostelán Fuco Reyes. A mostra reúne 30 fotografías que descobren a cidade de Santiago dende un punto de vista moi persoal do autor.

Ata o 30 de marzo, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

Coetus & Eliseo Parra

Coetus - Orquestra de Percusión Ibérica con Eliseo Parra é un proxecto que comezou hai catro anos. A idea xurdiu de Aleix Tobias. Este percusionista catalán viaxou a distintos lugares do mundo na procura de novas linguaxes e técnicas de tambores. Ademais, tocou con Eliseo Parra durante dez anos, e aprendeu con el as marabillas da música popular ibérica. Xuntando estas experiencias, decidiu reunir a doce percusionistas e crear unha orquestra de percusión. Agora chegan ao ciclo Sons 2013.

O mércores 13 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: